top of page

O val de Tebra

Os fíos da historia

Catalpas-Da-Praza-De-Tebra-003.jpg

"Eu penso agora nunhas cántas cousas
e o pensamento torna
e voa alá moi lonxe,
onde a ollada miña non atingue.

E digo unhas palabras de esconxuro
e entón algunha cousa
se me estremece dentro
e todo cánto é meu se pon á espreita:

Regueiro do Penal,
muíño da Pontenova, o Prado, a Touza,
os lamoques da Estoca
cara San Salvador;

o río das mariscas
con troitas sempre a pulos na súa canle,
alá na Pontenova
nas noites de muiñada...

Outeiro da Bandeira,
presas do Penal, costa de Lubián,
xesteiras do Picoto,
Maceira, Fradería, Salgueiró...

Panascos da Candosa,
muíños do Carballal e Vilanova,
Casal e máis Senandes.
O val de Tebra enteiro sempre en min!
"

Xosé Luís Franco Grande

Introdución
vlcsnap-2021-07-25-20h18m45s187.jpg

Unha viaxe pola historia

O val de Tebra atópase ao norte do municipio de Tomiño, na comarca do Baixo Miño. Situado ao carón das serras da Groba e do Argallo e atravesado polas augas do río Cereixo, a súa poboación repártese entre tres parroquias: Santa María de Tebra, San Salvador de Tebra e Vilameán. 

 

Nun lugar con preto de 1.500 habitantes e menos de 20km² de extensión, ademais de ser a terra que viu nacer ao escritor e académico Xose Luis Franco Grande, co val de Tebra están vencelladas importantes figuras da historia galega como Pedro Madruga ou Antón Alonso Ríos. A súa riqueza patrimonial agocha multitude de historias que merecen ser contadas. Convidámoste a coñecelas.

bottom of page